Acción social 2026: Publicación das listaxes provisionais.

  • Acción Social

14 de septiembre de 2026

Publicada no DOG a Resolución do 4 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do Fondo de Acción Social do ano 2026 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, a persoa interesada accederá á información relativa á admisión ou exclusión provisional da súa solicitude a través da OPAX, co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal.

As persoas interesadas terán un prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formular as reclamacións que consideren oportunas e emendar os defectos da exclusión provisional.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260914/AnuncioG0759-070926-0002_gl.html

COMPARTIR