Resumo da mesa de acción social 2026.

  • Acción Social

3 de septiembre de 2026

Na mesa de hoxe, dende a Dirección Xeral de Xustiza informouse o seguinte:

Vistas todas as solicitudes presentadas, constan 143 solicitudes que se corresponden con 166 beneficiarios (121 solicitudes simples, 21 dobres e 1 tripla).

  • 122 solicitudes constan como provisionalmente concedidas, que se corresponden con 142 beneficiarios.                    
  • 19 solicitudes constan como provisionalmente denegadas, que se corresponden con 20 beneficiarios.
  • 2 solicitudes dobres constan parcialmente admitidas, que se corresponden con 2 beneficiarios, e parcialmente denegadas, que se corresponden con 2 beneficiarios.

En breve, en setembro, a resolución vaise publicar no DOG. Unha vez publicada, haberá un prazo de alegacións de 10 días hábiles.

A información detallada poderáse consultar a través da OPAX pola persoa interesada.

Dende CSIF denunciamos os recortes existentes e pedimos que se volva a ter unha verdadeira acción social.

 

COMPARTIR