Concurso específico: Praza de auxilio xudicial en Lugo.
- Concursos y movilidad
24 de julio de 2026
Publicada no DOG e no BOE a RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo do corpo de auxilio xudicial.
Poderá participar o persoal funcionario de carreira do corpo de auxilio xudicial, calquera que sexa o ámbito territorial en que estea destinado, que reúna as condicións xerais exixidas e os requisitos determinados nesta convocatoria na data en que remate o prazo de presentación das solicitudes de participación e os manteñan ata a resolución definitiva do concurso.
As persoas que concursen deberán presentar a súa solicitude utilizando obrigatoriamente o modelo que figura no anexo III desta resolución.
O prazo de presentación será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado. En caso de que a publicación desta convocatoria non se faga simultaneamente en ambos, terase en conta a data de publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co que dispón o artigo 49.5 do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza.
As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A.
Xunto coa a solicitude deberase achegar a documentación acreditativa dos requisitos exixidos e mais dos méritos alegados, os cales se deberán relacionar no modelo de solicitude (anexo IV) desta convocatoria.
Os méritos específicos, correspondentes á segunda fase do concurso, deberán ser xustificados documentalmente, así como mediante certificados ou calquera outro medio de proba admisible en dereito.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260724/AnuncioG0759-150726-0003_gl.html
https://boe.es/boe/dias/2026/07/24/pdfs/BOE-A-2026-16123.pdf
