Persoal interino: Oferta polo SPEG de prazas de xestión na provincia de Lugo.
- Empleo
23 de julio de 2026
Dende a Delegación Territorial de Lugo recibimos este correo en relación á oferta de prazas polo SPEG:
"Por parte deste Departamento Territorial no día de hoxe procederase a enviar ás oficinas de emprego de Sarria, Becerreá e Ribadeo as ofertas dos postos de xestión procesual e administrativa que a continuación se relacionan:
- XG9258100027057601 - OFICINA XERAL DO REXISTRO CIVIL DE SARRIA (LIC. ENFERMIDADE)
- XG9258100027006601 - OFICINA XERAL DO REXISTRO CIVIL DE BECERREÁ (LIC. ENFERMIDADE)
- XG9258400027051501 - OFICINA XUSTIZA DE RIBADEO (LIC. ENFERMIDADE)
Unha vez reciban a oferta, as oficinas procederán á súa tramitación como unha oferta ordinaria e farán difusión no portal de emprego de Galicia ata o luns día 27 de xullo coa finalidade de que se postulen as persoas interesadas. No caso de que existan dúbidas sobre o exposto deberán dirixirse a oficina de emprego para a súa aclaración.
Solicitarase ás oficinas de emprego que nos remitan 5 curriculums de persoas desempregadas por posto para proceder á súa baremación, que terá lugar previsiblemente durante a semana próxima quedando pendente determinar a data e a hora."