Últimas novas sobre a nova bolsa de persoal interino de Galicia.

  • Empleo

16 de julio de 2026

COMISIÓN DE SEGUIMENTO DE PERSOAL INTERINO DO 16/07/26.

-A DXX ten previsto que a finais do mes de xullo ou a principios de agosto se publiquen as listaxes provisionais da novas bolsas de persoal interino. Así mesmo, din que é probable que en setembro entren en funcionamento.

- En canto ao número de solicitudes, hai 3801 persoas solicitantes que deron lugar a 8.443 solicitudes de inclusión. Pasaránnos datos máis precisos en breve.

-Dende CSIF insistimos moito na formación presencial, a través de tutores/as, para o persoal interino que nunca traballou na administración de xustiza ou cambia de xurisdición. Por parte da DXX, din que se está avaliando polo servizo de modernización facer unha serie de cambios que redunden na mellor preparación deste persoal pero non se pronunciou claramente en qué sentido se fará.

-Dende CSIF preguntamos por qué motivo se cesa ao interino cando se produce un cambio de situación administrativa? Cal é o motivo de non permitir que o interino continúe na praza, aínda que se produza o cambio de situación administrativa, sempre que, non se cubra por comisión de servizos, ou por substitución e cesar nese momento ao interino, evitando así un prexuízo ao servizo común e ao cidadán? Doutra banda, en caso de non cubrirse en comisión ou en substitución por titulares e ter que nomear a un interino, xa estaría nomeado. Por que noutras comunidades non se cesa ao interino ou titular, a pesar do cambio de situación administrativa, sempre que non se cobre a comisión ou substitución e con todo en Galicia aplícase automaticamente xerando situacións nas que os órganos xudiciais están sen cubrir as plantilas?

Ante estas preguntas, a DXX contestounos que o nomeamento do interino formalízase a través dun contrato laboral onde se establece a causa do nomeamento. Se a causa cambia a praza ten que volver a ofertarse para garantir a concorrencia. Antes ao non existir RPT o interino podía continuar aínda cesando a causa porque se aplicaban os criterios de cese. Na actualidade non é posible.

-En setembro vai haber unha nova Comisión de Seguimento pero con posterioridade, é posible que as reunións sexan cada seis meses sen prexuízo de que poida haber algunha convocatoria extraordinaria.

-En canto á periodicidade na actualización de méritos prevista na nova normativa de interinos, en CSIF abogamos porque se abra un periodo para aportar novos méritos unha vez rematado cada proceso selectivo e, subsidiriamente, unha vez ao ano. Neste senso, quedamos á espera do que se determine na reunión de setembro aínda que a Administración mostrou reticencia a facelo así.

-En canto ao cesamento do persoal despois de traballar 3 anos. Aplícase a todo o persoal interino nomeado dende o día 17 de marzo de 2026, cando entrou en vigor a nova Orde.

- No que respecta á penalización de 4 meses no fondo da bolsa despois dun ano traballado. Isto afecta ao persoal nomeado a partir da entrada en funcionamento das novas bolsas.

- No que respecta aos chamamentos telefónicos, a partir de agora, van realizarse 3 intentos de chamada antes de pasar á seguinte persoa da lista.

-É probable que nos últimos chamamentos deste mes de xullo, teñan que acudir ao servizo público de emprego, nalgúns casos.

-A efectos de formar parte nas bolsas de persoal interino, a xubilación forzosa, tal é como prevé a LOPX agora, é de 66 anos e 10 meses, como na Seguridade Social.

 

 

 

 

 

 

 

 

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR