Implantación da nova versión 3.2 de eFidelius nos partidos xudiciais
3 de julio de 2026
CSIF INFORMA: Publicado na Intranet de Xustiza:
Con motivo da implantación da nova versión 3.2 de eFidelius, celebraranse sesións de capacitación e acompañamentos presenciais para apoiar a posta en marcha da aplicación e resolver dúbidas relacionadas co uso da nova versión.
A asistencia é recomendable para asegurar un manexo correcto e eficiente do sistema. As datas e sedes dos acompañamentos e sesións iranse incorporando progresivamente nesta páxina.
Acompañamento presencial
| Localización | Data | Horario | Modalidade | Actividade |
|---|---|---|---|---|
| Tribunal de Instancia de Marín | 07/07/2026 | 09:00 h - 14:00 h | Presencial | Acompañamento da nova versión 3.2 de eFidelius |
| Tribunal de Instancia de Viveiro | 09/07/2026 | 09:00 h - 14:00 h | Presencial | Acompañamento da nova versión 3.2 de eFidelius |
| Tribunal de Instancia de Vilagarcía de Arousa | 14/07/2026 | 09:00 h - 14:00 h | Presencial | Acompañamento da nova versión 3.2 de eFidelius |
| Tribunal de Instancia de Tui | 23/07/2026 | 09:00 h - 14:00 h | Presencial | Acompañamento da nova versión 3.2 de eFidelius |
| Tribunal de Instancia de O Porriño | 28/07/2026 | 09:00 h - 14:00 h | Presencial | Acompañamento da nova versión 3.2 de eFidelius |
| Tribunal de Instancia de Santiago de Compostela | 30/07/2026 | 09:00 h - 14:00 h | Presencial | Acompañamento da nova versión 3.2 de eFidelius |
Sesións telepresenciais de capacitación
| Localización | Data | Horario | Modalidade | Actividade |
|---|---|---|---|---|
| Plataforma de capacitación | 07/07/2026 |
09:30 h - 11:30 h 12:00 h - 14:00 h |
Aula telepresencial | Presentación e uso da nova versión 3.2 de eFidelius |
Pasos para realizar a inscrición nas sesións
- 1Accedes á actividade na plataforma de capacitación. Se non iniciaches sesión, deberás introducir o teu usuario da Xunta ou correo corporativo e o contrasinal.
- 2Matricúlate na actividade premendo o botón "Matricularme".
- 3Xa podes acceder aos contidos didácticos de autoformación!
- 4Unha vez que accedas, reservas a túa praza na sesión de formación que desexes premendo "Reservar agora".
- 5Recibirás un aviso por correo. Cando teñas confirmada a túa praza, deberás conectarte á sesión o día e a hora correspondentes.