Intolerable situación no T.I. de Sarria.
- CSIF Informa
11 de junio de 2026
Dende CSIF diriximos escrito á DXX insistindo na necesidade de cobertura urxente dunha praza de xestión procesual e administrativa no Tribunal de Instancia de Sarria xa que leva máis de dous meses sen cubrir. Non hai que poñer escusas. Este nomeamento é unha prioridade dado o exceso de traballo do que adolece este órgano.
Ademais, como expuxemos no escrito, cremos que someter ao persoal a esta sobrecarga xerará cadros de estrés e ansiedade e un risco evidente de baixas médicas por riscos psicosociais, afundindo, aínda máis, este órgano xudicial.
Polo tanto, solicitamos que se proceda ao nomeamento, pola vía de urxencia, dun funcionario/a de xestión ou, no seu defecto, un funcionario/a de reforzo de tramitación.