Mesa sectorial de xustiza do 02/06/26.

  • CSIF Informa

3 de junio de 2026

Aparte da nota conxunta da plataforma SPJ-USO, STAJ, UGT, CSIF e CCOO sobre o acontecido na mesa que tivo lugar onte entre as organizacións sindicais e a Dirección Xeral de Xustiza, dende CSIF facemos un resumo doutras cuestións que se trataron.

-En canto á creación de prazas xudiciais, (en principio, 19 prazas en Galicia) di que unha vez que se materialicen, falarán da creación de prazas de persoal funcionario aínda que non necesariamente vinculadas á praza xudicial que se crea. Tamén di que hai un proxecto de decreto polo que se queren crear 7 plazas de fiscais en Galicia aínda que eles tamén consideran que é necesario en Ferrol e Pontevedra.

-Vaise materializar que a tramitación e execución da Audiencia Provincial de Pontevedra se leve a cabo polo SCT da Audiencia. Isto sería extensible á AP da Coruña pero non a de Ourense e Lugo nin tampouco ao TSX. Isto ao igual que menores, que van tramitar e executar.

-Din que están traballando en todas as cidades cos cambios de teléfono, probablemente con centralita, e tamén cos correos electrónicos pero non saben cómo materializalo aínda.

-En canto á Atenea, firmaron un primeiro convenio de cesión e están á espera do segundo. Creouse unha comisión para facer o acoplamento e di que hai que comprar as ferramentas tecnolóxicas.

-Comentan que están traballando tamén na adecuación de espazos, que fixeron a ampliación da segunda planta en Santiago, a terceira planta en Vigo e en Pontevedra queren abrir a planta cuarta para execución. Na Coruña levan máis retraso polo informe dos letrados. Darannos traslado dos cambios.

-En canto á señalética, teñen rematada a exterior e fáltalles a interior e di que está tardando porque pode haber cambios nos espazos e hai que sácalo a licitación. Considera que hai que darlle unha volta e quizais, en vez de poñer tablóns, poñer pantallas, acceso intuitivo co teléfono, mellorar a accesibilidade para persoas con discapacidade..

-Tardanza no nomeamento de persoal interino: Aducen que necesitan persoal disponible por se hai unha urxencia e que, por iso, a veces tardan.

-O persoal interino que aprobase unha oposición e teña pensado solicitar excedencia por interés particular, van excluílos da bolsa porque a orde non o permite.

-Aire acondicionado: Onde se está facendo informe de eficiencia enerxética, estanse incluindo melloras. Onde non, di que se están mandando pingüinos como en Santiago, Lugo, Vilalba e Sarria. En Lugo, hai que substituír as máquinas actuais por outras novas e din que están neso.

-Non se comunican os chamamentos fóra de OPAX en Ourense: Tomaron nota.

-Aclarar os ceses nos cambios de situación administrativa: O criterio é que finaliza a causa pola que se nomeou a persoa. Isto incluso en casos de xubilacións, substitucións…en que se cesa no momento en que se coñece, sen esperar a incorporación do novo/a titular porque din que finaliza a causa.

Así mesmo, comentan que a aplicación do cese de interinos/as polo transcurso de tres anos se fai dende a entrada en vigor da nova orde.

-Ampliación do horario de verán: Pendentes da adaptación da Orde do Ministerio.

-Medición gas radón: Non concretaron nada pero din que non é preocupante.

-Concurso de traslados: Non saben nada, o Ministerio aínda non lles pediu a remisión de prazas.

-Prolongacións de xornada: Vannos pasar o listado actualizado.

-En canto á nova bolsa de persoal interino: Hai 3800 instancias presentadas e en agosto poderían ter as listaxes provisionais.

-Instrución 8 de A Coruña e Vigo: Parece que en xuño podería publicarse o decreto como sempre se mantivo dende o Ministerio pero a información que lle chega do CXPX ao director xeral non o deixa claro.

-Problemática co cobro de gardas semanais e gardas de LEIS nas prazas de instrución de Vigo: Comprometéronse a estudar a situación e ver cómo as poden cobrar.

-Vixiantes oposicións para o dia 2 de outubro: Mandar solicitude a servizo.persoal.xustiza@xunta.gal

-OXM de Cambre: Manifestamos que levan dende marzo sen limpeza.

-Tamén solicitamos cursos de formación en xefaturas e para persoal interino pero din que non os van conceder.

-SCX da Coruña: Insistimos en que se solucione a problemática entre o persoal de auxilio e a letrada directora e din que xa mandaron a comunicación oportuna.

-Viveiro: Insistimos e reiteramos o escrito presentado por esta organización sindical solicitando que se manteñan os reforzos do persoal funcionario de xestión, tramitación e auxilio. En canto á visita a Viveiro, á que se comprometeu o director xeral xa hai meses, di que podería ir antes do verán.

-Convocatoria do comité de seguridade e saúde: Sen data.

-Compensación horaria en gardas: Pedimos que sexa sen certificación do LAX pero din que non cabe esa compensación na normativa das gardas.

-En canto ás denegacións do permiso de asistencia ao examen de galego: non o entenden como proba final, siguen co criterio de dar só as horas necesarias para o desplazamiento e para facer o examen.

-Permiso por deber inexcusable: Dende CSIF criticamos que hai casos moi chamativos nos que non se está concedendo e a DXX limítase a decir que o que non estea de acordo, que recurra.

-Permiso parental retribuido durante as dúas primeiras semanas: Din que non o teñen regulado.

-Dende CSIF tamén solicitamos que os chamamentos de persoal interino se publiquen en todas as provincias ás 13 horas posto que só en Lugo se está facendo como di a nova orde.

-En Caldas de Reis van realizar obras de eficiencia enerxética e van renovar o edificio.

-Solicitamos tamén que se aclarase o motivo polo cal non se está aboando a traxectoria, trienios, complemento específico cando se está de baixa e manifestaron que non o van pagar porque non están traballando e a regulación así o establece.

 

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR