Tras a presión da plataforma SPJ-USO, STAJ, UGT, CSIF e CCOO, a DXX convoca mesa sectorial para o 2 de xuño.
- CSIF Informa
21 de mayo de 2026
Tras a presión que está exercendo a plataforma sindical conformada por SPJ USO, STAJ, UGT, CSIF e CCOO, dende a DXX comunícannos a convocatoria de mesa sectorial, que salvo imprevisto celebrarase o martes 2 de xuño ás 10:30 h na sala Colmeiro da EGAP coa seguinte
Orde do día:
1. Seguimento e avaliación da implantación da Nova Oficina Xudicial en Galicia. Propostas de revisión da Resolución de estrutura e das RPT.
2. Adecuación de espazos.
3. Sinalética.
4. Implantación do sistema procesual ATENEA. Aplicación HIJWEB.
5. Rogos e preguntas.