Acción social: Convocatoria e criterios de reparto.
- Acción Social
18 de mayo de 2026
Publicada no DOG a RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do fondo de Acción Social do ano 2026 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderán solicitar as axudas o persoal funcionario de carreira e persoal interino dos seguintes corpos ao servizo da Administración de xustiza: médicos forenses, xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial.
O persoal referido no parágrafo anterior deberá estar, no prazo de presentación das solicitudes, en situación de servizo activo ou de excedencia por coidado de fillos/as ou de excedencia por coidado de familiares e ter destino nesta comunidade autónoma, así como reunir os restantes requisitos esixidos polo presente programa de atención de persoas con discapacidade do fondo de Acción Social.
Tamén poden solicitar a axuda aquelas persoas que prestasen servizos como persoal funcionario interino da Administración de xustiza nesta comunidade autónoma durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (día 3.6.2025) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria.O persoal funcionario de carreira da Administración de xustiza que durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (3.6.2025) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria prestasen servizos nesta comunidade autónoma e se xubilasen durante o devandito período.
Terán a condición de beneficiarios:
a) Os/as solicitantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33% que reúnan os requisitos establecidos nos apartados anteriores.
b) Os/as solicitantes que, reunindo os requisitos establecidos nos apartados anteriores, teñan baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, cónxuxe, parella de feito, fillos/as, ascendientes de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade ou persoas tuteladas por sentenza xudicial firme con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33%
No caso de que a persoa beneficiaria teña baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, a máis dunha persoa que cumpra os requisitos anteriores, percibirá a axuda para cada unha.
No caso de que dúas persoas teñan a condición de beneficiarios/as respecto do mesmo causante, só unha delas terá dereito á axuda.
A percepción das axudas deste fondo de acción social é incompatible coa percepción doutras axudas de natureza similar concedidas pola Xunta de Galicia ou calquera outra Administración ou organismo oficial ou empresa privada.
O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260518/AnuncioG0759-060526-0002_es.html