DOG: Solicitudes estimadas e desestimadas da traxectoria profesional.
- CSIF Informa
4 de mayo de 2026
Publicada no DOG a RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a relación de solicitudes estimadas e desestimadas relativas ao recoñecemento extraordinario do grao I, do grao II e do grao III da traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á estimación ou desestimación da súa solicitude realizarase a través da oficina virtual do persoal da Administración de xustiza de Galicia (OPAX).
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente no prazo de dous meses. Ambos os dous prazos contaranse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260504/AnuncioG0759-240426-0001_gl.html