CSIF solicita a convocatoria inmediata do Comité de Seguridade e Saúde e información sobre as medicións de gas radón.
23 de abril de 2026
Dende CSIF diriximos escrito solicitando a convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde así como requirindo información sobre as medicións de gas radón en base aos seguintes fundamentos:
PRIMEIRO. Que, segundo o artigo 38.3 da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais (LPRL), o Comité de Seguridade e Saúde debe reunirse trimestralmente. Dado que a última sesión foi o 20 de outubro de 2025, está a incorrerse nun incumprimento legal da periodicidade obrigatoria.
SEGUNDO. Que o artigo 18 da LPRL establece o deber do empresario (neste caso, a Administración) de informar os traballadores sobre os riscos para a súa saúde e as medidas de prevención adoptadas. A falta de comunicación dos resultados do gas radón vulneran directamente este dereito.
TERCEIRO.–Que, en relación ao radon, o Real Decreto 1029/2022 obriga á medición e control deste gas en centros de traballo situados en zonas de risco. O feito de retirar os aparellos de medición hai meses sen publicar os resultados xera unha situación de indefensión e incerteza para o persoal.
CUARTO.– Que, conforme o artigo 39 da LPRL, é competencia do Comité coñecer directamente a situación relativa á prevención de riscos, o cal inclúe o estado das obras e actuacións de mellora nos edificios xudiciais.
Por todo o anterior, SOLICITAMOS:
1. A convocatoria inmediata da Mesa do Comité de Seguridade e Saúde baixo o apercibimento de dar traslado á Inspección de Traballo.
2. Informe técnico completo cos resultados das medicións de gas radón e as medidas correctoras previstas.
3. Información detallada sobre a planificación de obras e actuacións en curso nas dependencias xudiciais.
4. Estatísticas de sinistralidade e actividade preventiva: Accidentes laborais (con e sen baixa). Enfermidades profesionais. Avaliacións de regas realizadas. Actividades formativas en PRL