Graos I, II e III da traxectoria profesional: Mañá remata o prazo de presentación de solicitudes.

  • CSIF Informa

14 de abril de 2026

Dende CSIF recordámosvos que mañá,  15/04/2026, remata o prazo para a presentación de solicitudes da traxectoria profesional, conforme ao previsto na Resolución do 30 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de decembro de 2025, para a implantación do réxime extraordinario de acceso aos graos I, II e III do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

O persoal solicitante deberá cubrir obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na OPAX no enderezo web http://opax.xunta.es.

COMPARTIR