Activación do servizo Carpeta Xustiza en Galicia

13 de abril de 2026

Dende o 9 de abril está dispoñible a Carpeta Xustiza en Galicia do Ministerio de Justicia na seguinte ligazón: https://carpeta.justicia.es/gl/inicio.

A Carpeta Xustiza constitúe un novo punto de acceso dixital que permite á cidadanía, ás empresas e aos profesionais da xustiza consultar, de forma centralizada e en calquera momento, a información rexistrada na Administración de xustiza en Galicia.

Trátase dun punto de acceso complementario á Sede Xudicial Electrónica de Galicia, onde xa se podía consultar esta información.

Poderase consultar información relativa aos seguintes servizos:

  • ⚖️ Expediente xudicial electrónico: consulta en tempo real do estado dos expedientes en tramitación.
  • 📩 Notificacións xudiciais: acceso ás notificacións dispoñibles asociadas ao usuario ou ao procedemento.
  • 📅 Sinalamentos: consulta das datas e horas de celebración de xuízos, vistas ou comparecencias, tanto para persoas físicas coma para profesionais.

 

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR