Resolucións adxudicación postos Libre Designación
16 de marzo de 2026
A DXX, ven de informar que o vindeiro 18/03/2026 está prevista a publicación no DOG das seguintes resolucións:
- RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo no Instituto de Medicina Legal de Galicia, anunciada por Resolución do 28 de xaneiro de 2026.
- RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria de libre designación, efectuada por Resolución do 15 de xaneiro de 2026 pola que se convoca, para a provisión polo sistema de libre designación, un posto de traballo do corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza.