Novo despropósito da DXX: Remiten o borrador da convocatoria das bolsas de persoal interino para alegacións e sen negociar en mesa.
- Empleo
10 de marzo de 2026
Dende a DXX remítennos este correo:
"Seguindo instrucións do Director xeral remíteselle para alegacións, borrador da convocatoria da bolsa de persoal interino. O prazo para facer achegas é ata o próximo venres 13 de marzo ás 14:00 h. Esta Dirección xeral vai darlle prioridade á publicación e resolución da convocatoria dado que como saben as bolsas actuais están esgotadas o que dificulta enormemente a cobertura das prazas por ausencia do titular ou no caso de vacantes.
En canto á Orde que regula a bolsa, a data de publicación no DOG está prevista para o próximo martes 17 de marzo."
Como xa manifestamos en relación á Orde, a DXX pretende publicar tanto a Orde como a convocatoria (neste último caso dannos de prazo ata o venres para alegacións) sen negocialo en mesa sectorial, algo inaudito.