A DXX pretende publicar a nova orde de interinos sen negociación coas organizacións sindicais amparándose na Lei 16/2010, do 17 de decembro.

  • CSIF Informa

6 de marzo de 2026

Dende a DXX remitíronnos un correo co seguinte texto:

"Pola presente infórmase de que foi asinado polo Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes a Orde sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, tras ser informado favorablemente polo Consello xeral do Poder Xudicial e pola Asesoría xurídica xeral. O proxecto de Orde foi tramitado de conformidade coa Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. 

 Unha vez publicada a Orde no DOG, a Dirección xeral iniciará o procedemento para a formalización da convocatoria das bolsas,  en aras de resolver o antes posible o problema asociado ao esgotamento da bolsa actual, da cal se dará traslado."

Dende CSIF consideramos isto inadmisible posto que esta orde vaise publicar sen negociación coas organizacións sindicais e tampouco temos coñecemento do seu contido. Hai máis dun ano trasladáronnos un borrador para facer alegacións pero non houbo máis novas ao respecto ata que agora,  sorpresivamente, nos din que van publicar directamente a Orde no DOG.

De non rectificar, isto conculcaría o artigo 37 do TREBEP.

COMPARTIR