Substitucións: Adxudicacións convocatoria 15/01/26.
- Concursos y movilidad
28 de enero de 2026
A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada no correspondente acordo de substitución. A renuncia á substitución adxudicada pola presente Resolución, será penalizada coa imposibilidade de obter unha nova substitución durante o período dun ano.
O posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo, salvo causa xustificada, pola persoa adxudicataria da substitución, mesmo con interrupción, de ser o caso, do desfrute de vacacións, licenzas ou permisos, que en todo caso terán que ser informados polo órgano de destino e autorizados pola correspondente xefatura territorial de acordo coas necesidades do servizo.
Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico ás persoas adxudicatarias, sendo comunicados á súa vez aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento.