CSIF dirixe escrito á Letrada Coordinadora da Coruña pola falta de coordinación organizativa nos distintos Servicios Comúns.
- CSIF Informa
20 de enero de 2026
Desde CSIF vense observando unha situación reiterada de falta de coordinación organizativa nos distintos Servizos Comúns do Tribunal de Instancia de Coruña.
En concreto, verificouse que diversos Letrados/as, están a establecer de maneira individual criterios propios de organización do traballo, ditando instrucións e determinadas formas de funcionamento á marxe dos Directores dos distintos Servizos comúns, a quen corresponde a xestión e organización diaria dos mesmos e á marxe dos Xefes de equipo.
Á marxe tamén das funcións que claramente se especifican na LOPX e no Real Decreto 1451/2005, do 7 de decembro.
Ditas actuacións están a levarse a cabo sen comunicación, sen consenso e sen respecto á estrutura organizativa existente, o que supón unha invasión de competencias e unha quebra dos principios básicos de xerarquía, coordinación e boa administración que deben rexer o funcionamento da Administración de Xustiza.
Esta falta de coordinación comeza a afectar ao correcto funcionamento do Servizo Público da Administración de Xustiza, co consecuente prexuízo para a eficacia e normal desenvolvemento do traballo Sen ánimo acusatorio, véñense detectando igualmente a asignación directa de determinados funcionarios/as para prestar servizo de forma preferente con algúns LAX, sen seguir os criterios habituais de organización nin a necesaria coordinación cos responsables do Servizo Común correspondente. Estas prácticas, que non atopan amparo na normativa organizativa vixente parecen obedecer a criterios subxectivos ou de conveniencia persoal, alteran gravemente a organización xeral do Servizo e provocan unha repartición desigual e inxustificada das cargas de traballo, xerando un evidente agravio comparativo entre o persoal.
Reiteramos ademais, que se están asignando funcións que NON ESTAN CONTEMPLADAS NA LOPJ nin o Real Decreto 1451/2005 do 7 de decembro aos corpos da Administración de Xustiza (véxase como exemplo: asignar a tramitación de procedementos nos Xulgados de Instrución agora sección Penal) aos XESTORES procesuais, e deixándose en cada unha das Prazas de Penal, unicamente 1 Tramitador cando debería de haber mínimo 2 ou 3 que son a quen regulamentariamente lles corresponde a tramitación dos procedementos).
DESDE CSIF SOLICITAMOS: Que, por parte desa Secretaría Coordinadora, se adopten de maneira inmediata as medidas necesarias e, en particular 1. A emisión de instrucións unificadas, claras e vinculantes, por escrito, que delimiten de forma inequívoca as competencias organizativas de cada posto. 2. A prohibición expresa de designacións unilaterais de persoal por parte dos LAX á marxe das Direccións dos Servizos Comúns. 3. Reforcen a coordinación entre LAX e Direccións dos Servizos Comúns. 4. O establecemento de criterios obxectivos e homoxéneos para a asignación de funcións e cargas de traballo