A NUMO en Ourense: Improvisación e caos.
- CSIF Informa
29 de diciembre de 2026
O PASADO venres 26 de decembro, vivimos unha xornada esperpéntica nos Xulgados/SC na cidade de Ourense. A pesares de que aínda non entrou en vigor a Lei 1/25, os letrados directores comenzaron a trasladar preitos dunha oficina para outra sen coordinación algunha e sen avisar previa e individualizadamente a cada unha das persoas afectadas a fin de que souberan que mesa lles correspondía.
Esta improvisación derivou en roces entre o persoal que se ía a unha nova mesa vendo que aínda estaba ocupada, expedientes trasladados en caixas de folios ou incluso sen embalar de ningún xeito, preitos tirados polo chan, escritos amoroados en pilas enriba das mesas, alardes feitos ás presas, etc, etc. Agardemos que non se traspapelen moitos deles.
O culmen da improvisación xa foi ver carriños de supermercado pululando polas distintas plantas do edificio xudicial cargados de preitos ata arriba. ESTE SINDICATO XA ADVERTIU DO QUE SE VIÑA ENRIBA NA REUNION DOS LAJ CO SCT CIVIL-SOC-C-ADMVO. CSIF PREGUNTOU SI NOS PLANOS DE PLANTA/DISTRIBUCIÓN POR OFICINAS ESTABAN AS MESAS ADXUDICADAS A CADA UNHA DAS PERSOAS TRABALLADORAS. RESPOSTA: “NO ESTAN PERO NO TE PREOCUPES QUE VAN A ESTAR”. POIS ESTA CLARO QUE NIN ESTABAN DAQUELA NIN ESTABAN O FATIDICO VENRES. E así nos foi. O que sí debemos ter meridianamente claro é que non podemos permitir que este desastre nos enfronte a uns con outros. O despropósito é tan obvio que non soamente afecta a corpos xerais, senón tamen a Letradas e Xuíces. E dicir, un “tótum revolútum”.
A maior abundamento, na ultima xuntanza mantida coa DX o día 23 de Decembro, o propio Sr. Director entendeu a situación e manifestou que non había que levar o proceso con tanta premura, que ata o 31 de Marzo había tempo abondo. Pois parece que a Ourense non se lle aplica esa orde ou simplemente teñen moita présa para que a cidade “piloto” descarrile a velocidade que vai.
Non se pode levar a cabo un troco na organización xudicial desta magnitude con tanta descoordinacion. Soamente nos queda apelar unha vez máis ao voso traballo e adicación a fin de que este novo modelo de organización non afunda antes de zarpar.