Mesa sectorial de xustiza.
- CSIF Informa
26 de noviembre de 2025
Pola DXX convócase unha reunión da Mesa sectorial de Xustiza para o próximo martes 2 de decembro, ás 10:30h, na Aula 11 da EGAP coa seguinte Orde do día:
Convocatoria extraordinaria dos graos I, II e III da traxectoria profesional. Decisorio.
Normativa. Decisorio.
Rogos e preguntas.
Con esta convocatoria achégase a seguinte documentación:
Proposta de Acordo para a convocatoria extraordinaria da traxectoria profesional. Os cambios respecto do borrador anterior van marcados en vermello.
A acta da mesa do 18 de novembro e os textos correspondentes á normativa (complemento VSM, horario especial do RC, Comisións de servizo e substitucións), serán remitidos o próximo luns día 1 unha vez avaliadas as alegacións recibidas e introducidos se proceden os cambios correspondentes.
Por último informar que o próximo luns 1 de decembro o Consello da Xunta ten previsto informar o Acordo acadado respecto do incremento do CAT/CE.