Procedemento de reordenación e reasignación forzosa Fase III
- CSIF Informa
25 de noviembre de 2025
As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A xuntando o modelo do Anexo II. No Anexo II deberá indicar as súas preferencias para a fase de reordenación de efectivos e para a de reasignación forzosa, tal e como se indica no modelo.
O prazo para a presentación das solicitudes será de TRES DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet de xustiza e mais na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
Achegamos a Resolución e o Anexo II.