Bolsas de interinos/as do corpo de forenses.
- Concursos y movilidad
21 de noviembre de 2025
Está previsto que ó longo do día de hoxe se publique na intranet de Xustiza e mais na páxina web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a Resolución do 21 de novembro de 2025 da Dirección Xeral de Xustiza pola que se aproba a listaxe provisional de novas persoas admitidas e excluídas nas bolsas de persoal interino do corpo de médicos forenses ao servizo da Administración de Xustiza convocadas pola Orde da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes do 2 de setembro de 2024.
A listaxe poderá consultarse tamén a través da OPAX (https://opax.xunta.es), seguindo a ruta "Bolsa de interinos > Listaxes".
O prazo de alegacións será de 10 días hábiles.