CSIF solicita á DXX que se acorde a continuidade do reforzo de tramitación no Tribunal de Instancia de Sarria.
- CSIF Informa
19 de noviembre de 2025
Dende CSIF remitimos escrito á DXX solicitando que se acorde a continuidade do reforzo de tramitación no xulgado de Sarria e apoiando, así, tamén a petición da LAX. Non acordar a prórroga sería moi lesivo para este partido xudicial, cunha sobrecarga excesiva de traballo.
Así mesmo, aproveitamos tamén para solicitarlle á Dirección Xeral que proceda a crear as prazas que sexan necesarias neste órgano pois a elevada pendencia non é algo conxuntural.