EGAP: Conferencia -A temporalidade e a estabilización no emprego público: un problema sen resolver.
- Formación
22 de octubre de 2025

Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; ao persoal empregado público da Administración local galega, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia, así como a xuristas, profesionais, alumnado universitario e persoas interesadas en xeral.
Modalidade de impartición: presencial.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Data: venres 31, de outubro de 2025.
Horario: de mañá, das 12.00 ás 14.00 horas.
Duración: 2 horas lectivas.
Número de prazas: Aforo do local.
A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo web https://egap.xunta.gal/matricula.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251022/AnuncioO150-151025-0001_gl.html