DOG: Obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix) no seu nivel intermedio.
- Formación
13 de octubre de 2025

As probas desenvolveranse os días 26, 27 e 28 de novembro e 3, 4 e 5 de decembro de 2025.
As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán inscribirse na páxina web da rede CeMIT https://cemit.xunta.gal antes da finalización do prazo de inscrición.
Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.
O prazo para a inscrición será de catorce (14) días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251013/AnuncioG0177-290925-0001_es.html