Resumo mesa sectorial 09/09/2025.

  • CSIF Informa

9 de septiembre de 2025

No dia de  hoxe celebrouse mesa sectorial cunha orde do día que versaba sobre a implantación da Novo Modelo de Oficina así como Traxectorial Profesional e rogos e preguntas.

Sobre a Numo, o Director Xeral sinalou que a RPTs da Fase III se van  publicar tal e como estaban na última proposta o próximo dia 11 de Setembro. O dia 12 de setembro publicarase a convocatoria das libres designacións e, posteriormente, a de postos específicos.No terceiro trimestre do próximo ano comprometeuse a revisalas.   Seguirase con reunións para facilitar información e seguimento da implantación. O DX segue  coas visitas para explicar a implantación dos TI, concretamente o 22 de Setembro estará en Lugo, o día 30 do mesmo mes estará na Coruña e en Pontevedra non teñen data pero será en breve. No que atinxe a implantación do novo programa Atena, sinalou que se asinou a cesión para outras comunidades pero que hai problemas en canto a súa estrutura.

Seguidamente, sobre a Traxectoria Profesional,  o Director dixo que están pendentes da súa regulación no Ministerio polo que hai que agardar a que se desenvolva con carácter ordinario, se ben se pode seguir en Galicia coas convocatorias extraordinarias. Galicia non ten competencia para aprobar un R.D.

CSIF insistiu en manter o anterior borrador cunha implantación a tres anos e unhas porcentaxes de 60/80/100, e corenta horas de formación,  non cen como se recolle na proposta. Xestores e Forenses teñen que acadar o novo grado ó mesmo tempo e non seguir permitindo esta discriminación e división entre corpos. Por outra banda,  os requisitos teñen que cumprirse a data de convocatoria e non antes.

ROGOS E PREGUNTAS:

Insistimos en que se saquen todas as prazas para o concursillo dos pobos, manifestando que así se faría, coa inclusión de 26 prazas a maiores.

Respecto os pobos con moita carga de traballo solicitamos que se nomee reforzos de xeito inmediato se ben a DX manifestounos que se faría onde existisen necesidades concretas.

Tamén se preguntou polo complemento de Violencia das vilas.

TELETRABALLO: fomos os  primeiros en insistir hai mais dun ano na súa implantación. A DX sempre nos deu largas e asi o segue a facer.  Agora dinos que como se está a abordar un proceso de reorganización hai que agardar a que remate.INSISTIMOS EN QUE SE PODE IR NEGOCIANDO XA.

  Tamén protestamos pola impartición de cursos de formación en agosto.

Insistimos na necesidade de que nos faciliten a carga de traballo para poder facer unha avaliación oportuna da implantación na fase I, sobre todo, no relativo a compañeiros e compañeiras que están levando o rexistro civil e teñen que compatibilizar funcións coa oficina xudicial.

No que atinxe ao Comité de Seguridade e Saúde, manifestou que se convocaría no próximo mes de outubro. Dende CSIF pedimos que nesa mesa hai que ver os problemas de cableado e infraestruturas de A Coruña. Lugo e Ourense pendentes e tamén tomar medidas polos problemas de altas temperaturas nos xulgados xa que hubo compañeiros e compañeiras traballando a 40 graos nos meses de verán.

OPOSICIONS DE XUSTIZA: Queremos que o persoal de Xustiza sexa quen vaia de persoal colaborador para esa probas de oposicións.   Non é de recibo que nas nosas probas vaian de vixiantes compañeiros doutros sectores. Dende CSIF solicitamos que, ademais, sexa pública na intranet esta convocatoria de persoal colaborador. Ademais, dende CSIF solicitamos información sobre o estado das oposicións pendentes contestando que non teñen estimación de prazos. En consecuencia, pedimos que se nos manteña informados de calquera novidade ao respecto.

Por outra banda, instamos que se manteña o mesmo cadro de persoal nos SCACE, que non se detraiga ningunha praza como consecuencia da implantación dos Tribunais de Instancia.

Así mesmo, solicitamos que nos protocolos de actuación da Fase III , que se están elaborando polos Secretarios Coordinadores, que non se poida asignar persoal a outra xurisdición distinta.

En canto ás dependencias de atención ao cidadán de Santiago, nas que hai humidades e mal olor, pedimos que se peche unha porta que vai ao garaxe. O director xeral tomou nota.

Por último,  insistimos na necesidade de nomeamento de varios interinos en prazas sen cubrir, entre elas o Rexistro Civil de Ourense.

 

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR