PROBAS OBTENCION CERTIFICADO DE COMPENTENCIAS DIXITAIS (ComDix) nivel iniciación
- Formación
6 de mayo de 2025

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2025 pola que se anuncia a convocatoria das probas de avaliación de carácter libre para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix), no seu nivel Iniciación
Probas de certificación para a obtención do certificado de competencias dixitais, nivel Iniciación (ComDix-Iniciación) Bases Primeira.
Datas e realización das probas
1. As probas desenvolveranse os días 18, 19 e 20 de xuño de 2025.
2. Terán lugar segundo o calendario que figura no anexo II, onde se relacionan os lugares con aulas CeMIT dispoñibles, as prazas convocadas por cada localidade, as datas e os horarios de realización.
Segunda. Itinerario formativo 1. Para a preparación das probas de certificación de nivel iniciación ponse á disposición do usuario, como material de apoio, o programa de autoformación conformado por un itinerario formativo composto por 7 cursos.
Cursos:
Empezamos! Que nivel de competencias teño? Introdución ao Marco galego de competencias dixitais.
ComDix iniciación I: coñece a contorna dixital.
ComDix iniciación II: ten a información dixital sempre á man; buscar, seleccionar e gardar.
ComDix iniciación III: tecnoloxías dixitais para conversar, compartir e colaborar.
ComDix iniciación IV: participa na sociedade dixital; as vantaxes da administración electrónica. ComDix iniciación V: crea contidos dixitais con ferramentas ofimáticas e multimedia.
ComDix iniciación VI: atopa o benestar dixital: tecnoloxía con «sentido».
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250506/AnuncioG0177-280425-0001_gl.pdf