Resumo mesa sectorial xustiza 09/03/2023

  • Otros artículos
  • Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
  • Funcionario
  • Interino

10 de marzo de 2023

A DXX tratou os seguintes temas:


-Formación retribuida dos novos compañeiros/as que chegan aos órganos: CSIF pediu a través de escritos e tamén en reunións que tivemos coa Dirección Xeral como podedes ver nas noticias que fomos colgando na web que se habilitase a figura do formador no caso de que chegue unha persoa nova ao órgano xudicial. A idea é que sexa un funcionario/a do propio xulgado o que se adique a formar á nova incorporación nun mes prorrogable por outro de ser necesario e en forma de prolongación de xornada (algo que sabemos que se estaba xa a facer en algúns órganos da Comunidade). O formador/a deberá ser solicitado polo/a LAX ou fiscal entre o persoal do xulgado que voluntariamente queira. Se hai máis dun interesado, o/a LAX ou fiscal propoñerá un e se non hai voluntarios poderá solicitarse un funcionario/a doutro órgano da mesma localidade, mesma clase de xulgado ou da
mesma xurisdición.


-Protocolo de acoso laboral e demais condutas discriminatorias. CSIF presentou as alegacións oportunas como xa vos informamos e, finalmente, acordouse eliminar toda referencia á revisión por parte da DXX. Quedouse en redactar un protocolo de acoso que inclúa o acoso sexual e que incorpore procedementos informais.


-Plan de recuperación trala folga de LAX: Participarase no que ultime o Ministerio, unha vez finalice a folga, asumindo éste o custo.


-Traxectoria profesional: O cobro do grao II para persoal xestor e forense tratarase de incluir na nómina de marzo aínda que recoñecen que o tempo é moi xusto, aboándose nese caso na nómina de abril.
En canto ao acceso ordinario da traxectoria, depende de que función pública vaia desenvolvendo a que corresponde á Administración xeral da Xunta.


-Calendario laboral: Vaise actualizar o calendario de data 2014.


-Concurso de traslados: No concurso quedaron 93 prazas desertas, 23 de xestión, 26 de tramitación e 44 de auxilio. Marcharon 10 persoas de Galicia y veñen 39 a esta Comunidade.


-Lei orgánica de eficiencia organizativa: Según vos fomos informando, a última reunión co Ministerio foi o día 6 de marzo e nela manifestouse que a votación da lei ía sufrir un novo retraso. Aquí, o director xeral dixo que se ía aprobar ao longo do mes de abril.


-Bolsa de persoal interino para persoal forense: Vaise negociar noutra mesa pero a intención da DXX é que sexan bolsas abertas, sen un prazo para as solicitudes.


-Sede exame Galicia das oposicións de corpos xerais turno libre: Facultades de Dereito e Políticas de Santiago de Compostela.


-Portátiles para teletraballo: Seguen pendentes de reparto por non ter os criterios claros.


-Obras no edificio vello de A Parda, Pontevedra: Procederase á licitación das obras pendentes que afectan ao xulgado de garda, decanato e imelga.


-Acceso ao visor por parte dos profesionais: Vaise facer proba piloto en Ourense cun procurador.

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR