CSIF remite escrito á Dirección Xeral de Xustiza sobre a execución dos exercicios de turno libre.
- Empleo
- Oposiciones
- Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
- Funcionario
- Interino
8 de febrero de 2023
Dende CSIF Galicia remitimos escrito á Dirección Xeral de Xustiza ante a reunión que manteñen no día de hoxe o Ministerio e as CCAA sobre a realización dos procesos selectivos de turno libre (OEP 2020, 2021 e 2022) de corpos xerais e que se suma á presentada por CSIF a nivel nacional ante o Ministerio.

Según tivo coñecemento esta organización sindical, o Ministerio e as CCAA estaban contemplando a posibilidade de que os primeiros exercicios de cada corpo se realizasen en tres días consecutivos, un para cada corpo.
Ante isto, CSIF propón o seguinte:
1) Que a realización dos exercicios se faga en fins de semana distintos de forma que os interados/as se poidan desplazar pois esta novidade non foi advertida coa suficiente antelación para que os opositores/as puideran presentar as instancias exercendo a opción de elixir un ámbito territorial concreto para cada proceso selectivo.
2) Alternativamente, si se mantén a opción de realizar os exercicios de todos os primeiros exercicios en tres días, que, no proceso de contratación das aulas se reserve as que sexan suficientes para albergar aspirantes que se examinen en situación de incidencia.
Achegamos o escrito presentado.