CSIF solicita a instalación de dobre pantalla no Xulgado mixto número 2 de Vilalba.
- Otros artículos
- Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
- Funcionario
- Interino
13 de enero de 2023

Dende CSIF diriximos escrito á Dirección Xeral de Xustiza (que achegamos así como o xustificante de presentación) para poñer de manifesto a ausencia de dobre pantalla no Xulgado mixto número de 2 de Vilalba. Isto supón unha discriminación co resto de órganos xudiciais da Comunidade e, sen ir máis lonxe, co propio xulgado número 1 da citada localidade. Ademais, estase privando de que o persoal traballe con maior axilidade e que poida organizar mellor as tarefas o que redundaría, como é obvio, nunha maior produtividade que é o fin último dun servizo público.
Así pois, dende CSIF solicitamos que se proceda a instalación de dobre pantalla no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 2 de Vilalba, coa maior celeridade posible