CSIF reitera ao TSXG a necesidade de repartir xa os ordenadores para teletraballar
- Otros artículos
- Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
- Funcionario
- Interino
11 de octubre de 2022

Desde CSIF diriximos novo escrito, esta vez, ao TSXG para poñer en coñecemento que a día de hoxe e a pesar de solicitarse reiteradamente por esta central sindical e por varios funcionarios/as, seguen sen repartirse os ordenadores portátiles ao persoal xestor e tramitador para teletraballar, obviándose o acordado na Mesa do Comité celebrada o 21 de marzo de 2022.
A DXX non se aclara en canto ao reparto e remítese ao CAU e éste, a súa vez, a AMTEGA, pasándose o problema duns a outros sen dar solución.
Como caso particular e de urxente solución, facemos constar que unha funcionaria do corpo de Xestión Procesual e Administrativa con destino na Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia solicitou o 4 de Julio de 2022 que se lle facilitase ORDENADOR PORTATIL para poder teletraballar (ten autorizado o teletraballo desde o día 16-maio-2022) sen que se lle facilitou. En data 3 de outubro de 2022 a funcionaria dirixiu escrito ao Comité de Seguridade e Saúde solicitando que o máis axiña posible e con carácter de urxencia proporcióneselle os medios materiais para o desempeño das súas funcións. O Comité de Seguridade e Saúde,non pode ignorar as circunstancias da citada funcionaria e o motivo da súa solicitude de teletraballo.
Por iso, solicitamos que se inste ao Comité de Seguridade e saúde para:
1.- Que se lle proporcione, con carácter de urxencia e o máis axiña posible, á funcionaria do corpo de Xestión Procesual e Administrativa con destino na Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza o PORTATIL que solicita para poder realizar o seu traballo na modalidade de Teletraballo.
2.- Que se proceda á repartición dos computadores portátiles, acordados na Mesa do Comité do día 21 de abril de 2022 a todos os funcionarios/as que o solicitaran para teletraballar.