Expediente xudicial dixital: Plan de reforzo presencial para o seu coñecemento e uso
- Formación
- Otra formación
- Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
- Funcionario
- Interino
7 de septiembre de 2022
Acabamos de recibir un correo electrónico da Dirección Xeral de Xustiza, con información relativa á formación do expediente xudicial dixital e que dende CSIF reclamamos en numerosas ocasións, como xa vos informamos.

"Nos próximos días, vaise desenvolver un plan de reforzo presencial do coñecemento e uso operativo do EXE nos órganos xudiciais enfocado á formación do expediente xudicial dixitalizado e á realización das comunicacións telemáticas para apoiar no cumprimento das Instruccións 1/2022, 2/2022 e 3/2022 da Secretaría de Goberno. Agradeceriámosvos a divulgación desta información entre o persoal interesado.
Os obxectivos destas sesións son os seguintes:
- Impulsar o Expediente Xudicial Electrónico.
- Difundir boas practicas no uso de documentos dixitais, no cumprimento dos pasos e nos hábitos funcionais de usos dos sistemas para conformar o Expediente Xudicial Electrónico, co obxectivo de garantir a fiabilidade e o correcto procesamento dos datos incluídos no EXE, facilitando o acceso e a explotación da información que contén.
- Aumentar e fixar o coñecemento sobre os procesos e uso operativo dos sistemas que dan soporte ao Expediente Xudicial Electrónico.
- Divulgar e ampliar o modelo de aprendizaxe e as ferramentas ao servizo dos usuarios desde o seu posto de traballo. Orientar ás persoas usuarias cara a procura da información de soporte nas canles existentes: Intranet e a plataforma de teleformación.
Achegamos documento co plan de reforzo presencial e online nos órganos e, a continuación, trasladámosvos as datas planificadas para as sesións presenciais por cada provincia para a primeira quincena de setembro coas que atenderemos órganos de Instrucción, Penal, Menores e Mixtos.
Os órganos serán informados individualmente das súas datas e horarios no buzón de correo electrónico do órgano xudicial." |