Concentracións reclamando as gardas de 24 horas para A Coruña e Vigo
- Otros artículos
- Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
- Funcionario
- Interino
21 de junio de 2022

Dende CSIF fixemos un chamamento a todos os medios para que nos apoien coa difusión da concentración que terá lugar hoxe ás 13 horas no edificio dos Xulgados da Rúa Monforte de A Coruña e no novo edificio xudicial de Vigo, reclamando a implantación das gardas de 24 horas para as cidades de A Coruña e Vigo, como vimos facendo dende esta central sindical con esta reivindicación, recabando o apoio de todos os operadores xurídicos e medios de comunicación.
Ademais da prevista para hoxe, haberá concentracións todos os martes e xoves de cada semana ás 13 horas.