Sindicatos esixen negociación seria e medidas inmediatas para garantir unha carreira administrativa xusta e sen castigos ao persoal
- Otros artículos
18 de noviembre de 2025
CSIF reclama máis tempo de negociación, garantía de grupos de traballo, inclusión do persoal excluído e corrección das penalizacións e criterios de avaliación.
Carreira ORDINARIA
Este sindicato non está de acordo co texto actual da regulación da carreira administrativa e esixe continuar coa negociación para corrixir as graves deficiencias que perxudican ao persoal da Administración. Entre as demandas principais destacan: a creación dunha carreira viva cun quinto grao, a protección do persoal en incapacidade temporal ou con redución de xornada, a ampliación das fontes de formación e a inclusión do persoal das entidades do artigo 45.a) no acceso á carreira profesional.
Para CSIF son fundamentais os seguintes puntos:
-
Tempo e negociación: Reclamamos un prazo maior e a constitución inmediata de grupos de traballo derivados do acordo, co obxectivo de garantir unha aplicación coherente e evitar agravios por interpretacións administrativas.
-
Carreira administrativa: Propoñemos a incorporación dun quinto grao para evitar que a carreira quede estancada e a renegociación das penalizacións vinculadas ao cuarto grao.
-
Formación e criterios de valoración: Reclamamos manter fontes amplas de formación, incluíndo cursos das Consellerías, aceptar títulos de universidades privadas e transformar as áreas transversais en obrigatorias, con negociación coa Mesa Xeral.
-
Redución de requisitos: Solicitamos a diminución dos requisitos de horas/puntos (proposta: -50 horas ou -50 puntos por tramo) e a flexibilización do requisito de avaliacións aptas, sen esixir o 100%.
-
Avaliación de desempeño e penalizacións: Rexeitamos que a incapacidade temporal, especialmente cando deriva de accidente de traballo, supoña a perda dun ano na carreira; pedimos a eliminación das penalizacións por redución de xornada e maior claridade e garantías na composición das unidades e comités avaliadores para evitar arbitrariedades.
-
Ámbito de aplicación e antigüidade: Propoñemos que se recoñeza o servizo prestado nas entidades instrumentais para o cómputo de antigüidade do persoal funcionario que prestara servizos en todos os entes do artigo 45 da Lei 16/2010 (LOFAXGA).
Valoramos que o texto actual contén elementos que vulneran os principios de igualdade, non discriminación e estabilidade na carreira profesional do persoal público. A imprecisión terminolóxica e as marxes de discrecionalidade abertas nos artigos de avaliación poden traducirse en arbitrariedades e castigos para colectivos especialmente vulnerables. Non se pode aceptar situar ao persoal traballador entre a incerteza e a penalización administrativa.
Por todo isto, CSIF solicita:
-
Apertura inmediata dunha nova mesa negociadora con tempo suficiente e calendario vinculante.
-
Constitución de grupos de traballo técnicos para definir criterios de formación, unidades avaliadoras e composición das comisións de revisión.
-
Corrección das discriminacións procedimentais, incluíndo recoñecemento de antigüidade, inclusión do persoal do artigo 45.a) e supresión das penalizacións por IT e redución de xornada.
-
Garantía de negociación previa e vinculante para todas as áreas transversais de formación e a inclusión da docencia sindical homologable.
Carreira EXTRAORDINARIA para o persoal Funcionario e Laboral
Dende CSIF solicitamos a Función Pública:
-
Que os efectos económicos correspondentes aos graos sexan:
-
Ano 2025: 60% (fronte ao 33% proposto)
-
Ano 2026: 80% (fronte ao 67% proposto)
-
Ano 2027: 100%
-
-
Recoñecemento da antigüidade ao persoal funcionario que tivera prestado servizos en calquera dos entes instrumentais do artigo 45 da LOFAXGA.
-
Eliminación da coacción de funcionarización para o persoal laboral