Tensa e longa reunión da Mesa Sectorial de Sanidade, que remata co compromiso de retirar o documento imposto o día 17, pero sen avances que permitan desconvocar a folga

  • Prensa y Comunicación

14 de noviembre de 2025

As organizacións sindicais do comité de folga —CSIF, CIG, CCOO e UGT- manteñen a mobilización activa ante a falta de medidas concretas tras máis de seis horas de xuntanza.

As organizacións sindicais do comité de folga: CSIF, CIG, CCOO e UGT— conseguiron que a Consellería de Sanidade retirase o documento imposto o pasado 17 de outubro, tras unha intensa reunión mantida hoxe en mesa sectorial que acaba de rematar, propiciada pola presión da convocatoria de folga.

Segundo trasladan os voceiros  das catro organizacións, a Consellería comprometeuse tamén a poñer freo á reconversión de novas prazas de FEAP a partir de 2026 e a convocar en xaneiro o concurso específico de enfermería familiar e comunitaria, dous puntos reclamados de maneira reiterada polos sindicatos.

Porén, malia estes primeiros movementos, as organizacións denuncian que o encontro —que se prolongou máis de seis horas— non deixou avances substanciais. A Administración, afirman, limitouse a expoñer prazos e escenarios sen poñer enriba da mesa medidas concretas nin compromisos efectivos.

Os sindicatos insisten en que a falta de respostas reais impide un acordo e advirten de que a folga seguirá plenamente activa mentres non se dean pasos firmes cara a unha solución satisfactoria para todo o persoal afectado. A negociación quedou fixada para retomarse o vindeiro luns.

COMPARTIR