Cursos de Linguaxe Xurídica Galega para persoal destinado fóra da Comunidade Autónoma de Galicia

  • Otros artículos

16 de mayo de 2025

Hoxe publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2025 pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.

Convócase un curso de linguaxe xurídica galega, nivel medio, e un superior, na modalidade de teleformación.

O número de prazas de cada curso será de 25.

SOLICITUDES

a) O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 14 de maio ata o 21 de maio de 2025.

b) O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP , e non serán admisibles outras formas de solicitude. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na EGAP no enderezo da internet unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. As persoas que, de seren seleccionadas, desexen recibir os correspondentes avisos deberán facilitar unha conta de correo electrónico e un número de teléfono móbil.

Accede á Resolución en Xustiza Galicia 

COMPARTIR