APERTURA DE LISTAS DE INTERINIDADES E SUBSTITUCIÓNS PARA IMPARTIR DOCENCIA DE RELIXIÓN CATÓLICA

  • Otros artículos

21 de febrero de 2023

Convocatoria procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica, no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato nos centros docentes públicos que dependen desta consellería

Resolución do 20 de febreiro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica, no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato (702400), nos centros docentes públicos que dependen desta consellería. (código de procedemento ED003A).

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ mércores día 22 de febreiro ata o día martes 7 de marzo de 2023, ambos incluídos.

 

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ mércores día 22 de febreiro de 2023.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución así como o impreso de autobaremación normalizado e a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

 

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.

 

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procedemento ED003A.

COMPARTIR