CONVOCATORIA PARA A REALIZACIÓN DE PROXECTOS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

  • Otros artículos

12 de enero de 2023

Convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística

Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso académico 2022/2023 e se establecen as bases reguladoras para realizalos.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa publican a convocatoria de participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso académico 2022/2023.

Os centros públicos admitidos no programa Proxectos de innovación educativa en dinamización Lingüística, no marco do Plan Proxecta+, teñen a obriga de participar. Tamén se poderán presentar os demais centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Ao abeiro desta convocatoria, seleccionaranse cinco proxectos, que terán a consideración de excelentes; cada un deles recibirá unha dotación económica de 2 000 euros. Tamén poderán concederse dúas mencións de honra, de ser o caso.

O profesorado implicado activamente no desenvolvemento dos cinco proxectos seleccionados recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante. O profesorado dos proxectos recoñecidos, de ser o caso, coa mención de honra recibirá unha certificación de accésit.

  • O prazo de presentación das solicitudes, que se enviarán exclusivamente a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia, rematará o día 10 de marzo de 2023

TODA A INFORMACIÓN

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR