Seguimos avanzando coa mellora das ratios na ESO e Bacharelato
- Negociaciones y acuerdos
9 de julio de 2026
CSIF, CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP valoran a sinatura do acordo que permite avanzar tamén na redución progresiva das ratios na ESO e no Bacharelato.
Seguimos avanzando coa mellora das ratios tamén na ESO e Bacharelato
CSIF, CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP valoramos positivamente a sinatura do acordo que permite avanzar tamén na redución progresiva das ratios na ESO e no Bacharelato.
Este paso dá continuidade aos compromisos anunciados en abril e forma parte do desenvolvemento do Acordo sobre Medidas de Mellora do ensino público galego.
Desde CSIF seguimos traballando desde a negociación para que os avances comprometidos se traduzan en melloras reais nos centros, nas condicións do profesorado e na atención ao alumnado.
Datos destacados do acordo
- Redución progresiva das ratios tamén nas etapas de ESO e Bacharelato.
- Na ESO, o máximo previsto será de 25 estudantes por aula.
- No Bacharelato, o máximo previsto será de 30 estudantes por aula.
- A redución en Secundaria iniciarase a partir de setembro de 2028.
Ligazóns de interese
CSIF Ensino seguirá defendendo que a mellora das ratios, a atención á diversidade e as condicións laborais do profesorado teñan unha aplicación real e efectiva nos centros educativos galegos.