A Consellería resolve a convocatoria de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para centros docentes públicos durante o curso 2025/2026.
A Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa publican a resolución da convocatoria de participación nos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para centros docentes de titularidade pública da Consellería.
Proxectos seleccionados como excelentes
- Bingo #SoManolo — IES Valle Inclán, Pontevedra.
- Trebellos con voz — IES Illa de Ons, Bueu.
- Πilleite! Reto matemático en galego — IES do Milladoiro, IESP de Ames e IES Xulián Magariños.
- ArgaQuest — IES Fernando Wirtz Suárez, A Coruña.
- Palabra no tempo — CPI Poeta Uxío Novoneyra, Folgoso do Courel.
Dotación e recoñecemento
Cada un dos cinco proxectos seleccionados recibirá unha dotación económica de 2.000 euros para o centro ou centros participantes.
O profesorado implicado activamente no desenvolvemento dos proxectos recibirá certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.
Consulta a resolución oficial
A Consellería publica a resolución e os anexos correspondentes á convocatoria de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística.
Consultar publicación da Consellería