Reunión dos delegados de relixión coa Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

  • Negociaciones y acuerdos

29 de febrero de 2024

Nos contactos que a responsable de CSIF ENSINO e delegados do profesorado de relixión están mantendo na Conselleria de Educación  como sindicato maioritario no colectivo,  tiveron unha reunión coa Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería.

🔻Nesa reunión  trasladaronlle á Directora Xeral inquedanzas que afectan ó colectivo de profesores-as de relixión de Galicia.

🔻 A directora xeral comprometeuse a traballar cos representantes do profesorado en temas como:

1. Establecer un concursiño, os anos que non haxa concurso de traslados, para facilitar a mobilidade do profesorado de relixión laboral indefinido.

2. Regular de xeito claro cuestións relacionadas coas itinerancias e os apoios en primaria.
 
🔻CSIF ENSINO, coa forza que nos da o respaldo do profesorado de relixión, segue coa rolda de contactos na Conselleria de Educación e noutras direccións xerais da Xunta para mellorar temas que afectan ó colectivo.

 

COMPARTIR