Actividades lectivas:
-Educación primaria . educación infantil e educación especial, realizaranse do día 9 de setembro de 2021 ao 22 de xuño de 2022, ambos inclusive
- Educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, lectivas realizaranse do día 15 de setembro de 2021 ao 22 de xuño de 2022, ambos inclusive.
Non obstante o anterior, para o segundo curso de bacharelato a impartición efectiva de clases rematará de acordo coas datas previstas para a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (en adiante, ABAU). Terán a consideración de días lectivos os dedicados á impartición efectiva de clases e aqueles que se dediquen á realización das probas e avaliacións finais das convocatorias ordinaria e extraordinaria.
- Nas ensinanzas de réxime especial, as actividades lectivas realizaranse entre os días 15 de setembro de 2021 e 30 de xuño de 2022, de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certificación establecidos para cada unha delas.
Vacacións escolares:
– Nadal: desde o día 22 de decembro de 2021 ata o día 7 de xaneiro de 2022, ambos inclusive.
– Entroido: os días 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo de 2022.
– Semana Santa: desde o día 11 ata o día 18 de abril de 2022, ambos inclusive.
Día do Ensino coa consideración de non lectivo celebrarase o 11 de outubro de 2021.