Servizo de traslado para as Seccións de Violencia sobre a Muller de Santiago e Ourense.

  • CSIF Informa

9 de enero de 2026

Dende CSIF informámosvos que está colgado na Intranet o seguinte:

 

https://intranet.xustiza.gal/-/real-decreto-422-2025-servizo-de-traslado-para-as-seccions-de-violencia-sobre-a-muller-de-santiago-e-ourense?inheritRedirect=true&redirect=%2Finicio

 

Real Decreto 422/2025 | Servizo de traslado para as Seccións de Violencia sobre a Muller de Santiago e Ourense

Con motivo da entrada en vigor do Real Decreto 422/2025, de 3 de xuño, que crea novas Seccións de Violencia contra a Infancia e a Adolescencia e amplía o persoal do Ministerio Fiscal, a Xunta de Galicia habilitou un servizo de traslado para todas as persoas citadas xudicialmente nas Seccións de Violencia sobre a Muller dos Tribunais de Instancia de Santiago de Compostela e Ourense, cando estas se atopen noutro partido xudicial distinto ao da sede da Sección.

O decreto amplía a xurisdición destas Seccións aos seguintes partidos xudiciais:

  • Santiago de Compostela: Noia, Arzúa, Ribeira, Negreira, Muros, Padrón e Ordes.
  • Ourense: Verín, O Carballiño, Xinzo de Limia, Ribadavia, Celanova e Bande.

Segundo a Lei Orgánica do Poder Xudicial, a Administración de Xustiza deberá facilitar un medio de transporte adecuado para as persoas citadas desde outro partido xudicial ou provincia distinto ao da sede da Sección correspondente.

O servizo será prestado pola Federación de Autónomos do Taxi de Galicia (FEGATAXI), que xa conta con experiencia en traslados de mulleres vítimas de violencia de xénero, garantindo profesionalidade, seguridade e confidencialidade.

proceso de solicitude realízase por vía electrónica a través dun formulario normalizado, a petición dos órganos xudiciais, Oficinas de Asistencia ás Vítimas ou Forzas e Corpos de Seguridade. Unha vez efectuado o traslado, entregarase un certificado electrónico de execución asinada polo Letrado da Administración de Xustiza ou o Fiscal correspondente.

Novo apartado dispoñible na Intranet de Xustiza

Para facilitar o traballo do persoal e centralizar toda a información, creouse unha nova páxina na Intranet de Xustiza, con toda a información do servizo de traslado.

Podes acceder desde o menú superior "Medios > Servizo de traslado ás Seccións de Violencia sobre a Mullerou desde esta ligazón.  Nesta páxina están dispoñibles tanto o protocolo de actuación, como os formularios de solicitude e certificación.

 

CSIF JUSTICIA, POR TI CONTIGO 

SEGUIREMOS INFORMANDO

COMPARTIR