CSIF solicita o nomeamento de funcionario/a de reforzo na Sección primeira da Audiencia Provincial de Lugo.

  • Otros artículos

24 de abril de 2024

En relación ao reforzo de tramitación acordado o 04/10/2022 por sobrecarga de traballo na sección primeira da Audiencia Provincial de Lugo e vixente á data 22 de xaneiro do ano en curso, dende CSIF non entendemos por qué se aproveitou a situación de I.T. da funcionaria de reforzo para non volver nomear a ninguén (na relación dos reforzos existentes en Galicia remitida o 4 de abril de 2024 xa non aparece) cando, ademais, o RDL 6/2023, de 19 de decembro, introduciu a novidade de que o recurso de apelación se interpoñerá directamente ante a Audiencia Provincial a partir do 20/03/2024, aumentando o trámite e tampouco variaron as circunstancias que motivaron o nomeamento do reforzo en outubro do 2022.

Segundo o artigo 19 da Orde de 4 de outubro do 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino,
"1. Cuando por circunstancias coyunturales, un órgano, servicio o unidad de la Administración de justicia soporte una carga de trabajo extraordinaria, o una demora excepcional en los procedimientos, que no aconsejen acordar prolongaciones de jornada aceptadas voluntariamente por el personal funcionario, la dirección general competente en materia de justicia podrá acordar el nombramiento de personal interino de refuerzo, siempre que Io permitan las disponibilidades presupuestarias."

Polo tanto, dende CSIF diriximos escrito á Dirección Xeral de Xustiza para que se proceda nomear nova persoa de reforzo en base aos termos antes expostos.

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR