Habilitación da fichaxe ata as 20 horas sen necesidade de parte de incidencia.

  • Otros artículos

18 de abril de 2024

Dende CSIF tivemos coñecemento de que dende o día 11 de abril xa está habilitada a fichaxe no control horario ata as 20 horas, sen necesidade de presentar incidencia.

Lembremos que na Resolución do 21 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, sobre horarios e o calendario laboral das oficinas da Administración de xustiza en Galicia para 2024 e a petición de CSIF, no artigo 4.4 prevese: "A parte flexible do horario distribuirase, á elección do/da empregado/a público, ata alcanzar o tempo de traballo mensual previsto e respectando o establecido no punto 2 deste artigo, de luns a venres, entres as 7.30 e as 20.00 horas" no relativo ao horario de inverno.

COMPARTIR