Reunión coa Dirección Xeral de Xustiza sobre o plan de formación para 2024.

  • Formación
  • Otra formación
  • Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
  • Funcionario
  • Interino

2 de noviembre de 2023

Despois da suspensión da reunión prevista para o día 27/10/23 por problemas técnicos, hoxe tivo lugar unha nova xuntanza para tratar o tema da formación para 2024 na Administración de xustiza en Galicia.

Por parte de CSIF insistimos na necesidade de aumentar as edicións e número de prazas dos cursos de linguaxe xurídico galego, tanto para o persoal destinado na Comunidade Autónoma como para o que está fóra. Subsidiariamente, solicitamos que se amplíen as prazas nos cursos de linguaxe administrativa galega, que computan igualmente no noso ámbito.

Cremos tamén necesario que se amplíen os cursos sobre o manexo das TIC (incidindo, sobre todo, nos cursos de expediente xudicial electrónico) que, ademais, consideramos que non deben ser só online senón que deben combinarse con formación presencial.

Así mesmo, propuxemos que se amplíe a proposta inicial da DXX cun curso de protección de datos de carácter persoal na Administración de xustiza;  lexislación concursal, en especial, o concurso das persoas físicas e o mecanismo de segunda oportunidade; actos de comunicación e execución, en especial, actuacións realizadas fóra da sede xudicial; lei 20/21, de 21 de xullo, do Rexistro civil e a súa definitiva entrada en vigor; a seguridade social e clases pasivas do persoal funcionario de xustiza e mutualidade xeral xudicial; violencia de xénero e doméstica no proceso penal e a súa tramitación procesual e reformas lexislativas que afecten ás leis procesuais.

Por parte da Dirección Xeral de Xustiza admiten que nos cursos de galego é onde máis necesidades hai e falaron coa EGAP para que medie con Política Lingüística e se poida ampliar o número de prazas. Ademais, din que están en comunicación co Centro de Estudios Jurídicos (CEJ) para poder chegar a un acordo e impartir os cursos de galego xurídico pero, nun principio, ao persoal destinado fóra de Galicia. Se esto funcionase, ampliaríase ao persoal da nosa Comunidade. Propoñen, tamén, cursos novos como o de Rexistro civil coa aplicación de DICIREG, cursos de fiscalía debidos ás novas circulares e instrucións nese ámbito, un curso de maltrato, dous cursos novos no Imelga, entre outros.

En canto a que se aposte tamén pola presencialidade nos cursos de manexo de aplicacións informáticas, dinnos que correspondería a AMTEGA, non á EGAP e comprometéronse a míralo. O que sí ven factible é que se fagan os cursos novos combinando teleformación con streaming

No que respecta aos cursos de preparación de oposicións online, comentaron que mirarán a viabilidade económica.

En canto á actualización dos modelos en Minerva, comentan que depende do Ministerio e do Comité Técnico de Administración electrónica e a veces tardan en envialos de forma que AMTEGA non pode axilizalo.

Tamén se mostraron partidarios de que o persoal de xustiza poida participar noutros cursos da EGAP, non específicos de noso eido, de forma transversal.

Finalmente, quedaron de achegar unha nova proposta despois das aportacións sindicais.

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR