Convocatoria de mesa de formación para a Administración de xustiza no ano 2024.

  • Formación
  • Otra formación
  • Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
  • Funcionario
  • Interino

24 de octubre de 2023

Dende a Dirección Xeral de Xustiza convócase Mesa de Formación do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia (videoconferencia) para o día  27/10/2023 ás 9.30 horas.

Orde do día:

1.- Planificación do programa específico de formación continua da EGAP do ano 2024 para o persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.

2.- Rogos e preguntas.

A administración propón:

-Eliminar os cursos impartidos no ano 2023 con baixa taxa de demanda. En todo caso, con taxa de demanda inferior a 1.

-Aumentar o número de edicións nos cursos do ano 2023 con taxa de demanda de 2 ou máis.

-Reducir o número de edicións nos cursos do ano 2023 que tiveron dúas edicións pero que a taxa de demanda non xustifique manter ditas edicións para o ano 2024.

-Eliminar cursos que se impartiron durante varias edicións e que unha previsible reforma legal recomende non mantelos na proposta para o ano 2024.

- Introducir cursos novos que se xustifiquen pola aprobación de nova normativa de importancia para o persoal segundo o seu posto de traballo: nova lexislación e aplicación de rexistro civil, a investigación penal no Ministerio Fiscal, etc

COMPARTIR