DOG: Campaña de vixilancia periódica da saúde para o ano 2022

  • Prevención de Riesgos Laborales
  • Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
  • Funcionario
  • Interino

1 de febrero de 2022

No DOG de hoxe, publicouse a Resolución do 27 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se dá publicidade da campaña da vixilancia periódica da saúde para o ano 2022 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia.

O obxecto é a prestación da vixilancia da saúde ao persoal empregado público en función dos riscos inherentes ao traballo, segundo o disposto no artigo 22 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

É aplicable a todos/as os/as traballadores/as da Administración xeral da Xunta de Galicia, agás ao persoal que presta servizos nos centros docentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, ao persoal e centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e ao persoal de entes públicos e fundacións.

Para o persoal que presta servizos na Administración de xustiza a inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento, que está dispoñible no Opax (Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza).

A inscrición debe incluír todos os datos que figuren no formulario. A falta dalgún deles impedirá a tramitación da solicitude.

Toda inscrición xerará un xustificante do consentimento, que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.

O prazo de inscrición rematará transcorridos 4 meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, agás para o persoal de nova incorporación, o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e o persoal que durante o prazo de solicitude estea gozando das vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR