Oposicións Galicia 2021. Aberto o prazo para inscribirse nas oposicións ampliadas para profesorado técnico de FP

  • Empleo
  • Oferta Empleo Público
  • Oposiciones
  • Otros artículos

25 de enero de 2021

 

OPOSICIÓNS GALICIA 2021

 

Aberto o prazo para inscribirse nas oposicións ampliadas para profesorado técnico de FP

 

ORDE do 15 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 24 de febreiro de 2020 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A)

 

O prazo de inscrición estará aberto desde o 26 de xaneiro ata o 15 de febreiro.

 

Non terán que realizar unha nova solicitude aquelas persoas que a fixeran no prazo do 1 de xuño ao 19 de xuño de 2020.

 

En calquera caso, se as persoas xa inscritas desexasen modificar a quenda de ingreso, a exención da proba de coñecementos da lingua galega ou outra circunstancia, poderán efectualo mediante a formalización dunha nova solicitude que anulará a anterior, sen necesidade de que efectúen un novo pagamento das taxas.

 

O novo período de inscrición circunscríbese unicamente ás 603 prazas convocadas en 24 especialidades do corpo de profesorado técnico de FP, que se distribúen do seguinte xeito:
 

Código/especialidade

Reserva persoas con discapacidade

Libre

Total

201

Cociña e Pastelaría

2

24

26

202

Equipos Electrónicos

3

39

42

203

Estética

2

22

24

204

Fabricación e Instalación de Carpintería e Moble

2

23

25

205

Instalacións e Mantemento de Equipos Térmicos e Fluídos

1

15

16

206

Instalacións Electrotécnicas

2

22

24

208

Laboratorio

1

11

12

209

Mantemento de Vehículos

4

46

50

210

Máquinas, Servizos e Producción

--

5

5

211

Mecanizado e Mantemento de Máquinas

1

17

18

214

Operacións e Equipamentos de Elaboracións de Produtos Alimentarios

1

19

20

216

Operacións de Produción Agraria

1

15

16

217

Patronaxe e Confección

1

17

18

218

Peiteado

2

21

23

219

Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico

1

15

16

220

Procedementos Sanitarios e Asistenciais

2

30

32

221

Procesos Comerciais

2

22

24

222

Procesos de Xestión Administrativa

3

45

48

223

Produción de Artes Gráficas

1

15

16

225

Servizos á Comunidade

2

31

33

226

Servizos de Restauración

1

16

17

227

Sistemas e Aplicacións Informáticas

4

51

55

228

Soldadura

1

19

20

229

Técnicas e Procedementos de Imaxe e Son

2

21

23

Total

42

561

603

 

 

 

 

 

 

INFORMACIÓN DOG 

 

 

 

TODA A INFORMACIÓN SOBRE A OPOSICIÓN 2021

 

COMPARTIR